O dominio sede.mscbs.gob.es é de titularidade do Ministerio de Sanidade, con sede no Paseo do Prado 18-20 de Madrid.
Dereitos de Propiedade Intelectual e de Propiedade Industrial
Tanto o deseño e os seus códigos fonte, coma os logos, marcas, e demais signos distintivos que aparecen neste, pertencen ao Ministerio de Sanidade e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
A información dispoñible neste sitio web, agás indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización; quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización.
O Ministerio de Sanidade declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, considérase que este sitio puidese estar a violar os seus dereitos, pregamos póñase en contacto a través de sede@sanidad.gob.es.
Ligazóns ou hiperligazóns
Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Sede do Ministerio de Sanidade, deberán ter en conta o seguinte:
O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Ministerio de Sanidade e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Ministerio de Sanidade dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Ministerio de Sanidade autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.
O Ministerio de Sanidade non se responsabiliza en modo ningún nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao Ministerio de Sanidade, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.