Última actualización: 02/02/2024

Declaración de accesibilidade

O Ministerio de Sanidade comprometeuse a facer accesible a súa Sede Electrónica de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, de accesibilidade das páxinas web e aplicacións do sector público para dispositivos móbiles Abrirase nunha ventá nova. , polo que se traspón aDirectiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016 Abrirase nunha ventá nova. .

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sede.mscbs.gob.es/, excluíndo os contidos incrustados doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018

    1. Orriren b Orriren batean kolorea erabili da informazioa transmititzeko, ekintza bat adierazteko, erantzun bat eragiteko edo ikus-elementu bat bereizteko ikus-baliabide bakar gisa [UNE-EN 301549:2022 arauaren 9.1.4.1 eskakizuna: kolorearen erabilera].
    2. Baliteke orriren batean kontraste-erlazioa gutxienez 4.5:1-koa ez izatea [UNE-EN 301549:2022 arauaren 9.1.4.3 eskakizuna: gutxieneko kontrastea].
    3. Baliteke estekaren batek asmo espezifikoa hitzez hitz zehaztu gabe izatea [UNE-EN 301549:2022 arauaren 9.2.4.4 betekizuna: esteken asmoa].
    4. Baliteke dokumenturen batek orriaren izenburua identifikatu gabe izatea [UNE-EN 301549:2022 arauaren 10.2.4.2 eskakizuna: dokumentuen titulua].
    5. Dokumenturen batean, baliteke etiketatu gabeko irudiak edo testu-alternatiba generikoa dutenak egotea [UNE-EN 301549:2022 arauaren 10.1.1.1 betekizuna: eduki ez-testuala].
    6. Orriren batean ez da adierazten zer hizkuntza lehenesten den [UNE-EN 301549:2022 arauaren 10.3.1.1 eskakizuna: orriaren hizkuntza].
  2. Carga desproporcionada

    • Non aplica.
  3. Contidos que non entran no ámbito da lexislación aplicable

    1. Pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade. Malia o anterior, procurouse que a maioría deles si o cumprisen.
    2. Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Ministerio de Sanidade ou que non estean baixo o seu control, por exemplo, arquivos ofimáticos.
    3. Pode haber arquivos pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade.

Elaboración desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi elaborada o 31 de maio de 2023.

O método empregado para elaborar a declaración foi unha autoliquidación realizada pola empresa Everycode S.L.

Última revisión da declaración: 26 de setembro de 2024.

Observacións e datos de contacto

  1. Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018), por exemplo:
    • Informar de calquera posible incumprimento deste sitio web.
    • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
    • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relacionada coa accesibilidade do sitio web.

    Para estas comunicacións, están dispoñibles estas canles de comunicación:

  2. Segundo o artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén se poderá presentar:
    • Unha queixa polo cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
    • Unha solicitude de información accesible sobre:
      • Contidos que queden excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.
      • Contido que estea exento do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

    Na solicitude de información accesible deberán especificarse claramente os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

    As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións Abrirase nunha ventá nova. do Ministerio de Sanidade, así como o resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común para as Administracións Públicas.

    As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Subsecretaría do Ministerio de Sanidade.

Procedemento de aplicación

Se, unha vez formulada a solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos establecidos no artigo 12.5, o interesado poderá iniciar unha reclamación. Así mesmo, poderá iniciarse unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pódese presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións Abrirase nunha ventá nova. do Ministerio de Sanidade, así coma no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Ministerio de Sanidade.

Contido opcional

Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549:2022 considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018.

A Sede Electrónica do Ministerio de Sanidade https://sede.mscbs.gob.es/, realizouse utilizando XHTML 1.0 para a marcaxe de contido e follas de estilo CSS 3 para o deseño visual, evitándose na medida do posible utilizar tecnoloxías propietarias que condicionen o uso de determinados aparatos ou navegadores. Estes estándares garanten o acceso á información a través de calquera dispositivo de navegación que soporte as recomendacións do W3C.

Os estilos utilizados construíronse seguindo as recomendacións do consorcio W3C, para a versión 2 de follas de estilo en fervenza, e foron validados mediante a ferramenta de validación do código CSS Abrirase nunha ventá nova. que proporciona o consorcio, sen dar ningún erro.

Por outra parte, validouse o HTML dende o que se utilizan os distintos CSS, para comprobar que a árbore de análise utilizada é correcta. A análise realizouse mediante a ferramenta de validación do código HTML Abrirase nunha ventá nova. que proporciona o consorcio, e o resultado desta análise foi positiva.

En caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual.

A Sede Electrónica do Ministerio de Sanidade está optimizado para unha resolución de 1.024 x 768. Se se ten un monitor cunha resolución maior, pode que o tamaño de letra resulte nalgúns casos pequeno. Non obstante, os tamaños das fontes definíronse con unidades relativas para que poida ampliar ou diminuír o tamaño da fonte dende as opcións do navegador.

O Ministerio de Sanidade incorporou á súa páxina web a plataforma universal de accesibilidade web inSuit Abrirase nunha ventá nova. . Un servizo que mellora automaticamente a accesibilidade e usabilidade da web, facéndoa máis accesible e inclusiva.

Para activar a plataforma inSuit na páxina web do Ministerio de Sanidade: cómpre activar a pestana inSuit inserida no lado esquerdo (OPCIÓNS DE ACCESIBILIDADE).

Imagen herremienta accesibilidad

O usuario recibirá desde a web as axudas técnicas que lle permitirán navegar de forma adaptada ás súas necesidades e preferencias.

Axuda técnica de inSuit
Axuda técnicaDirixida a:
Navegación de teclado Persoas invidentes. Permite escoitar unha locución do contido da páxina e navegar co teclado mediante balizas numéricas.
Navegación para visión reducida Persoas con visión reducida. Permite ampliar o contido das páxinas, axustar os contrastes e facilitar a lectura ás persoas con dislexia.
Navegación con sons Persoas con discapacidade motora que teñen afectada a fala. Permite a navegación emitindo calquera tipo de sons, a través dun varrido das opcións dispoñibles.
Navegación con Pulsador Persoas con discapacidade motora severa. Navegación usando calquera tecla do teclado como un único botón, a través dun varrido das opcións dispoñibles.
Navegación sinxela con botóns Persoas con discapacidade cognitiva e persoas anciás. Navegación sinxela mediante o rato con elementos visuais destacados e botóns virtuais.
Navegación sinxela con texto grande Persoas anciás ou con poucas habilidades dixitais. Navegación mediante o rato que permite aumentar o tamaño do punteiro, salientar ligazóns, cambiar o contraste de cores, ampliar o contido e a estrutura, cambiar a un tipo de letra máis lexible ou especial para a dislexia e botóns de conversión de texto a voz no contido textual

Estas son algunhas das axudas que permiten ás persoas con discapacidade acceder a toda a información publicada en calquera formato na nosa web: PDF, imaxes, vídeos, audios, táboas, etc., ademais de permitir cubrir formularios dun xeito accesible.