Acceso ao Sistema de Notificacións Electrónicas e Comunicacións.
A través deste servizo, o cidadán poderá consultar e aceptar notificacións e comunicacións enviadas por Unidades pertencentes ao Ministerio. Mostraranse agrupadas en función do seu estado (Enviadas, Lidas e Caducadas) e ordenadas por data. Mostrarase a Unidade Notificadora, o Asunto e data na que pasou ao estado actual.
O cidadán recibirá no seu enderezo de correo electrónico un aviso de posta á súa disposición dunha notificación á que accederá (a esta e aos seus adxuntos) e consultará dende Internet, a notificación estará dispoñible para a súa lectura durante un prazo de 10 días, pasado o cal se considerará caducada.
Para acceder ao Sistema de Notificacións Electrónicas e Comunicacións será necesario dispoñer de Certificado Electrónico de persoa física ou xurídica recoñecido por algunha das entidades certificadoras admitidas polo MSSSI.
Figura 1: Acceso ao Sistema de Notificacións Electrónicas e Comunicacións.
Figura 2: Listaxe de Notificacións lidas