O Ministerio de Sanidade pon a disposición dos cidadáns esta Sede Electrónica, a través da cal se pode acceder a distintos servizos electrónicos deste.
A presente guía de navegación mostra a estrutura da información neste sitio.
A páxina de inicio estrutúrase en:
Seleccionando calquera opción da páxina de inicio accédese a un primeiro nivel de información, que á súa vez pode dar entrada a novos niveis informativos ou facilitar ligazóns a enderezos de Internet relacionadas co contido (sempre en nova ventá).
Dende o escudo institucional pódese acceder ao portal web do ministerio e dende o texto en cabeceira sede.msps.gob.es pódese volver á páxina de inicio da Sede. No encabezamento que se encontra na parte superior de contidos das páxinas de navegación/resultados da web identifícase a navegación que se realizou ata a páxina (miolos de pan).
A Sede ofrece contidos e servizos en versión multilinguaxe. Pódese acceder á web en castelán e nas linguas cooficiais de España (catalán, galego e éuscaro) e en inglés e francés como linguas estranxeiras. O menú que permite a selección de idiomas encóntrase na marxe superior esquerda da cabeceira. Para visualizar a versión da Sede nunha lingua distinta ao castelán (idioma por defecto) haberá que seleccionar a palabra "bienvenido" na lingua correspondente.
O acceso a servizos electrónicos dispoñibles poderase realizar dende Procedementos Administrativos. Así mesmo, existe un acceso a algúns servizos destacados do Ministerio desde as seccións Cidadáns, Profesionais e Administración (sobre a base dunha clasificación polo seu perfil de orientación).
A estrutura detallada da Sede, dende a que se pode acceder aos diversos apartados, é a seguinte: