Deberán entrar no formulario "Achega electrónica de documentación adicional". Unha vez dentro do formulario deberase consignar o código de control, co fin que a súa solicitude quede asociada ao procedemento de trámite de audiencia da D.X. de Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia (Sistema de Prezos de Referencia).
Para calquera consulta sobre o funcionamento do rexistro pode consultar esta guía e/ou dirixirse a: cau-servicios@sanidad.gob.es , cuxo horario de atención é de luns a venres de 8:00 a 17:00.
Para a aplicación do sistema de prezos de referencia, todas as notificacións que a D. X. de Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia deba efectuar aos laboratorios, distribuidores, representantes das oficinas de farmacia e demais interesados, así como as actuacións destes ante aquela, realizaranse de acordo co artigo 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, obrigatoriamente a través de medios electrónicos.
Para iso os interesados deberán estar inscritos no censo de notificacións de @gesfarma. Non obstante, para aquelas persoas xurídicas que non estivesen dadas de alta en @gesfarma, poderán notificar os seus datos como persoas xurídicas ao correo electrónico precios_ precios_referencia@sanidad.gob.es os datos correspondentes.
*Ao se tratar dun procedemento suxeito a prazos, as ligazóns de carga de documentación só estarán operativas nos períodos de tempo habilitados para o efecto.